La Tartana
de Can Bofill

Un proxecto agroecolóxico e de cooperativa
de vivendas en cesión de uso

Collserola Payesa

Nos últimos 62 anos perdéronse un 72% da superficie agraria de Collserola, pasando de 1749 ha a 490 ha. O proxecto da Tartana é a nosa aportación para loitar contra o abandono da actividade productiva das masías de Collserola.

Acceso á terra

A especulación coa terra e a vivenda dificulta comezar e tirar cara adiante proxectos agrarios, gandeiros, forestais e de vida. As expectativas de negocio chocan coas necesidades e ritmos agroforestais. Pouco a pouco, o parque vaise convertendo nunha residencia de luxo.

Acceso á vivenda

Propoñemos unha solución colectiva: unha Cooperativa de vivenda en cesión de uso. Un modelo de organización sen ánimo de lucro para conseguir unha vivenda digna a un prezo asequible.

A PACA

Unha experiencia fundamentada en circuitos cortos, produción agroecolóxica, corresponsabilidade, non intermediación e toma de decisións de xeito asambleario froito dun ensaio constante de alternativas entre as persoas produtoras e consumidoras que a integramos.

Resistencia

Queremos sacar Can Bofill do mercado, non se poderá vender nunca e a propiedade será sempre colectiva. Queremos consolidar un espazo de construcción de alternativas e de resistencia á especulación e seguir desenvolvendo proxectos agroecolóxicos.

Movementos Sociais

É un espazo onde confluiron diferentes loitas do Baix Llobregat. Queremos impulsar este punto de encontro, reflexión e acción adecuando o espazo comunitario para actividades, actos, xornadas e formacións para entidades e movementos sociais.

  • Dende fai 15 anos

    Inicio do proxecto agroecolóxico da horta e forno en réxime de “masovería”

  • Maio do 2018

    Ponse á venda a leira. Idea de facer Cooperativa de Vivenda

  • Setembro 2018

    Apréciase viavilidade económica. Buscamos financiación co COOP57

  • Decembro 2018

    Firmamos contrato de compravenda cos propietarios

  • Actualmente

    Xustificación social do proxecto co COOP57. Avais sociais

  • Mediados de Marzo 2019

    Data límite para presentar a COOP57 os avais sociais recollidos

  • Agosto 2019

    Compra da leira e rehabilitación. Inicio doutros proxectos

Precisamos do voso apoio

Propuxemos a COOP57 que merque a finca para que se convirta nunha propiedade colectiva e por este motivo pedímosvos que nos avaledes socialmente.

¿Qué é un aval social?

No noso caso, é un apoio ó proxecto e ós criterios de autoxestión, asamblearismo, cooperativismo e agroecoloxía que este plantexa.

Descargar e asinar a Folla de Aval Social

Ler e difundir o documento de apoio á Tartana de Can Bofill

Suscríbete á lista de difusión

Axuda a difundir o proxecto