La Tartana
de Can Bofill

Un proxecto agroecolóxico e de cooperativa
de vivendas en cesión de uso

Trala sacudida que supuxo a posta en venda de Can Bofill, poñendo en perigo o proxecto agroecolóxico que levabamos a cabo dende hai 15 anos. Trala rabia e a impotencia iniciais...

Soupemos dar unha resposta colectiva para parar a especulación e frear as dinámicas de mercado construíndo un proxecto que da resposta a dúas necesidades básicas: o acceso á terra e o acceso á vivenda.

Coop57, cooperativa de financiación ética e solidaria, sumouse ó proxecto e mercou Can Bofill en xullo do 2019 baixo a nova idea de “chan comunitario”. Unha vía que se abre para asegurar e dar continuidade a proxectos que teñan un retorno social e medioambiental, máis aló do económico, e que conten cun apoio colectivo e unha implicación da comunidade.

Por iso aproveitamos para agradecer tódolos apoios que recollemos e que nos empurraron a seguir cara adiante: xa sexa cos máis de 300 avais sociais, os colectivos que se interesaron por organizar charlas, as persoas que se achegaron e todos aqueles que aportaron elementos de discusión ó proxecto. Agroecoloxía, Collserola Campesiña, acceso á vivenda, acceso á terra, traballo colectivo, complementario e cooperativo, relación entre produción e consumo, espazo colectivo para a transformación social... son ideas claves no proxecto que se fortalecen nesta nova etapa de Can Bofill.

Xa dende o principio comprobamos a forza da acción colectiva para dobregar unha situación que parecía irreversible. Xustamente agora todo comeza e xa estamos traballando. Definimos un espazo produtivo onde xa se atopa funcionando a PACA e que ten moitos proxectos en mente, un espazo de vivenda que promove a rehabilitación da masía para aloxar unha cooperativa de vivendas en cesión de uso estreitamente vinculada o desenvolvemento do espazo produtivo; e un espazo comunitario que, se queremos que realmente sexa de todas, temos que definilo entre todas e por iso convocarémosvos proximamente por se queredes implicarvos.

Temos un reto: desenvolver Can Bofill coma un Ben de xestión Comunal e de transformación e queremos facelo xuntas.

Veñen días de choio, moito choio, de asembleas, de cabreo e alegrías, de ir imaxinando e facendo, de traballo colectivo para asentar proxectos no territorio que aporten unha perspectiva rural. ¡E agardamos seguir atopándonos!

Salut!
Can Bofill, alta muntanya
del Baix Llobregat

Collserola Payesa

Nos últimos 62 anos perdéronse un 72% da superficie agraria de Collserola, pasando de 1749 ha a 490 ha. O proxecto da Tartana é a nosa aportación para loitar contra o abandono da actividade productiva das masías de Collserola.

Acceso á terra

A especulación coa terra e a vivenda dificulta comezar e tirar cara adiante proxectos agrarios, gandeiros, forestais e de vida. As expectativas de negocio chocan coas necesidades e ritmos agroforestais. Pouco a pouco, o parque vaise convertendo nunha residencia de luxo.

Acceso á vivenda

Propoñemos unha solución colectiva: unha Cooperativa de vivenda en cesión de uso. Un modelo de organización sen ánimo de lucro para conseguir unha vivenda digna a un prezo asequible.

A PACA

Unha experiencia fundamentada en circuitos cortos, produción agroecolóxica, corresponsabilidade, non intermediación e toma de decisións de xeito asambleario froito dun ensaio constante de alternativas entre as persoas produtoras e consumidoras que a integramos.

Resistencia

Queremos sacar Can Bofill do mercado, non se poderá vender nunca e a propiedade será sempre colectiva. Queremos consolidar un espazo de construcción de alternativas e de resistencia á especulación e seguir desenvolvendo proxectos agroecolóxicos.

Movementos Sociais

É un espazo onde confluiron diferentes loitas do Baix Llobregat. Queremos impulsar este punto de encontro, reflexión e acción adecuando o espazo comunitario para actividades, actos, xornadas e formacións para entidades e movementos sociais.

Àmbit Productiu

Ocupa una posició cabdal dintre del projecte i és indestriable de l’espai d’habitatge, i per la peculiaritat d’haver-lo situat en aquest punt se’ns afegeix feina de definició pel que fa la relació habitatge-productiu. Esperem aviat poder explicar els projectes que tenen encaix dintre de la Tartana de Can Bofill, com poder accedir-hi i participar. Fins aleshores ens trobareu triant termes i redactant convenis! Si no voliem sopa: dos taces!

Àmbit Habitatge

El projecte s’inicia amb les quatre unitats efectives de convivència conformades i comencem la fase de la reforma de l’habitatge per poder començar a viure-hi. Les peculiaritats de l’habitatge cooperatiu en cessió d’ús són moltes, entre les que destaca la extensa redacció d'estatuts de la cooperativa, reglaments de règim intern al que nosaltres afegim la relació entre l’àmbit d’habitatge i el productiu. Ens trobem actualment immersos en la redacció d’aquesta documentació... que no prenguem mal!

Àmbit Social

Toca reformular l’espai de trobada social que ha significat Can Bofill al llarg d’aquests anys, i en aquest punt creiem que té més sentit definir-lo com un espai col·lectiu i gestionat des d’un ens més enllà de l'àmbit productiu i d’habitatge

  • Dende fai 15 anos

    Inicio do proxecto agroecolóxico da horta e forno en réxime de “masovería”

  • Maio do 2018

    Ponse á venda a leira. Idea de facer Cooperativa de Vivenda

  • Setembro 2018

    Apréciase viavilidade económica. Buscamos financiación co COOP57

  • Decembro 2018

    Firmamos contrato de compravenda cos propietarios

  • Febrer - Juny 2019

    Justificació social del projecte amb Coop57.
    300 Avals Socials recollits

  • Juliol 2019

    Compra de la finca per Coop57
    Sòl Comunitari

  • Actualment

    Constitució de Cooperativa Habitatge en Cessió d'Ús
    Concreció del projecte.

  • Durant 2020

    Inici obres de reforma dels habitatges. Nous projectes productius